HOTEL VALCARCE CAMINO DE SANTIAGO***: ALOXAMENTO NA PORTELA E MOI PRETO DE VEIGA DE VALCARCE
No noso hotel na Portela ofrecemos aloxamento nun lugar tranquilo e acolledor no que descansar para seguir a ruta do Camiño de Santiago. Tamén é ideal para percorrer con comodidade, facendo turismo rural, toda a zona do Bierzo, Os Ancares, Vilafranca do Bierzo, Veiga de Valcarce, Balboa…
UN HOTEL COA MELLOR RELACIÓN CALIDADE-PREZO
SERVIZOS PARA UN ALOXAMENTO CON TODAS AS COMODIDADES
O hotel Valcarce Camino de Santiago, na Portela, dispón de cómodas habitacións con baño completo, ademais das instalacións e dos servizos seguintes:
Réximes do hotel: só aloxamento, aloxamento e almorzo, media pensión e pensión completa
- Recepción 24 horas
- Aire acondicionado
- Garda equipaxes
- Ascensor
- Estación de servizo na Portela
- Hotel adaptado a persoas con mobilidade reducida
- Internet con wifi gratis
- Aparcadoiro gratuíto
- Cafetaría con terraza, aberta as 24 horas
- Restaurante con menú diario, ideal para peregrinos do Camiño de Santiago
- Restaurante con menú á carta
- Tenda de regalos e produtos típicos, como marmelada e marmelo caseiros
- Viñoteca
- Caixeiro automático
Hotel na Portela: aloxamento no Camiño de Santiago e turismo rural no Bierzo
O Hotel Valcarce Camino de Santiago atópase estratexicamente situado na Portela, ideal como aloxamento na última etapa leonesa do Camiño de Santiago e a escasos 500 metros da A-6.
Invitámosvos a descubrir o entorno natural da Portela dende o noso hotel, percorrendo a natureza e as poboacións do Bierzo, Os Ancares, Vilafranca do Bierzo, Veiga de Valcarce, Balboa…
Habitacións do Hotel Valcarce Camino de Santiago, na Portela:
No Hotel Valcarce Camino de Santiago ofrecemos cómodas habitacións con baño completo e todos os servizos á vosa disposición para un aloxamento pracenteiro e de descanso. Dispoñemos de 50 habitacións en total, entre individuais, dobres e adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Restaurante na Portela, no Camiño de Santiago
No mesmo hotel ofrecemos un restaurante en pleno Camiño de Santiago
Menú do día
Menú á carta
Menús para grupos
2 salóns privados
Aforo máximo 137 persoas
Banquetes de empresa e celebracións familiares
Habitacións para un aloxamento adaptado para todos:
42 habitacións dobres con baño completo
6 habitacións individuais con baño completo
2 habitacións adaptadas para ofrecer aloxamento a persoas con mobilidade reducida
As habitacións do noso hotel están perfectamente equipadas con:
- Aire acondicionado
- Calefacción
- Chan de madeira/parqué
- Wifi gratuíta
- Superficie da habitación: 55 m².
- Tipo de cama: King Size
- Escritorio e zona de estar
- Gardarroupa
- Sofá
- Bañeira de hidromasaxe
- Secador de pelo e artigos de aseo
O entorno do Hotel Valcarce Camino de Santiago: turismo rural no Bierzo, Os Ancares, Vilafranca do Bierzo, Veiga de Valcarce, Balboa…
Sendeirismo e viños: turismo rural no Bierzo
O Bierzo é unha comarca situada na parte oeste de León, e comprende as zonas de Vilafranca do Bierzo, Ponferrada, Bembibre e Fabero-Ancares. A capital e cidade máis importante do Bierzo é Ponferrada, que ten máis de 70 000 habitantes. Destacamos o entorno natural espectacular desta zona -ideal para practicar sendeirismo- e os seus viños.
Paisaxes únicas de España: turismo rural nos Ancares
Os Ancares leoneses atópanse no noroeste da provincia de León, na fronteira coas provincias de Asturias e Lugo. Son Reserva da Biosfera dende 2006, xa que ofrecen paisaxes inigualables a quen desexe facer turismo rural por estas terras de natureza única en Europa.
Natureza en estado puro: turismo rural en Vilafranca do Bierzo
Vilafranca do Bierzo é un concello que se atopa ao oeste da comarca do Bierzo, na provincia de León. Vilafranca do Bierzo ofrece un entorno natural de terras de montaña, vales verdes e a presenza de auga en cristalinos ríos, arroios e fontes.
O Camiño de Santiago en esencia: turismo rural en Veiga de Valcarce
Veiga de Valcarce é un fermoso concello que se atopa ao oeste da comarca do Bierzo. A orixe de Veiga de Valcarce está estreitamente relacionada co percorrido do Camiño de Santiago, a cuxos peregrinos ofrece descanso e encanto ao mesmo tempo.
Pallozas tradicionais e moi vivas: turismo rural en Balboa
Balboa é un concello que se atopa no Val do río Balboa, na subcomarca do Val do Valcarce, na provincia de León. O entorno natural e o pasado cultural de Balboa están moi presentes nas famosas pallozas ou casas de pedra e madeira de construción tradicional, que se poden visitar.
Ofertas e promocións
Tel: +34 987 543 180
Fax: +34 987 543 179
–
HOTEL VALCARCE CAMINO DE SANTIAGO
Autovía A-6 Madrid-Coruña
SAÍDAS 419-420
–